O Circuito Vólei Praia Vigo chega á súa segunda edición de 2024 con tres probas que se celebrarán nos meses de setembro, novembro e decembro. A praia de Samil será a sede deste Circuito, que está dirixido ás categorías Sénior/Sub21 masculino e feminino.
As probas terán as seguintes datas:
- 1ª etapa: 15 de setembro de 2024 – CELEBRADA
- 2ª etapa: 27 de outubro de 2024 – CELEBRADA
- 3ª etapa: 6 de decembro de 2024 – INSCRICIÓNS ABERTAS
Para cada proba, o luns anterior á proba será o último día para a inscrición no torneo, quedando os martes para a publicación lista de entrada provisional e mércores para as listas de entrada definitiva e data límite de pagamento da inscrición.
O prezo de inscrición será de 30€ por parella( Club Volei Praia Vigo: ES48 2080 5000 6430 4041 4674) Recoméndase non facer o pagamento ata a publicación da lista de entrada definitiva.
Para consultar toda a información, así como para facer a inscrición no torneo pode acceder á seguinte ligazón.