Un ano máis, a Copa Deputación de Ourense de vólei praia permitirá aos xogadores e xogadoras da modalidade continuar a práctica do seu deporte favorito nos meses de inverno. O recinto deportivo de Oira praia acollerá de novo esta competición, que como ven a ser habitual estará dividida nas fases provincial e autonómica
Grazas á colaboración da Deputación, Concello de Ourense e do Club Ourense Vólei Praia, esta competición continúa co vólei praia despois da Copa Deputación da Coruña e as súas catro probas celebradas.
A continuación desglosamos o calendario previsto para estes mese de outubro e novembro:
Fase Provincial- Únicamente podrán inscribirse equipos da provincia de Ourense. Non puntuable para o ranking galego e nacional:
- 5 outubro – competición alevín e cadete.
- 6 outubro – Competición infantil e Sub 19.
Fase autonómica. Formato aberto. Puntuable para o ranking galego e nacional :
- 9 novembro – competición sub 19
- 16 novembro- competición cadete
- 23 novembro – competición infantil
- 30 novembro e 1 decembro – sub 21 y senior
Recordamos que para rexistrar a participación nas probas autonómicas, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes as 20:00 de cada proba, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.