O vindeiro sábado 16 de novembro a Copa Deputación de Ourense de vólei praia continúa a súa celebración no recinto deportivo de Oira. Xa de cheo na Fase autonómica, recordamos de formato aberta, as parellas masculinas e femininas cadete do vólei praia galego poderán desputar os seus encontros e acadar puntos para o Ranking Galego e Campionatos de España 2025.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas autonómicas deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes as 20:00 de cada proba, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
Recordamos o calendario de probas desta Copa Deputación de Ourense de Vólei Praia 2025:
- 9 novembro – competición sub 19 – finalizada.
- 16 novembro- competición cadete
- 23 novembro – competición infantil
- 30 novembro e 1 decembro – sub 21 y senior