A Federación Galega de Voleibol, a través do seu departamento de Dirección Técnica, publica un calendario de adestramentos das Seleccións Galegas de pista dentro do seu plan de Tecnificación 24-25 .
Ditas convocatorias estarán sempre reservadas para os domingos pola tarde, tendo como obxectivo aumentar o volume de horas adestradas das Seleccións Galegas, afianzando os grupos e consolidando conceptos e dinámicas de cara o vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2025.
Dende a Federación faise fincapé en que a competición oficial seguirá tendo prioridade tanto para deportistas como para clubs, polo que si un/unha xogador/a ten competición co seu equipo en esas xornadas, non terá problema para poder competir, e non afectará a futuras convocatorias.
As datas programadas para estas concentracións son as seguintes:
- Primeira data – 10 de novembro 2024 – Noia (masculina) e San Sadurniño (feminina).
- Segunda data – 15 de decembro 2024 – Sedes por confirmar.
- Terceira data – 12 de xaneiro 2025 – Sedes por confirmar.
- Cuarta data – 26 de xaneiro 2025 – Sedes por confirmar.
- Quinta data – 16 de febreiro 2025 – Sedes por confirmar.
- Sexta data – 9 de marzo 2025 – Sedes por confirmar.
- Séptima data – 23 de marzo 2025 – Sedes por confirmar.
A continuación detallamos as listas de deportistas seleccionados por cada categoría, e que terá lugar de 16:00 a 19:00 horas nos Pavillóns Alonso Martínez de Noia e Municipal de San Sadurniño: