A Copa Deputación de Ourense de vólei praia remata ca proba Sénior e Sub 21 que terá lugar os vindeiros días 30 de novembro e 1 de decembro.
A competición celebrarase sábado (venres se fora preciso en función do volumen de participantes) e disputarase unha fase previa para determinar as parellas clasificadas tanto en categoría masculina como feminina para xogar o domingo, no que se disputará un cadro eliminatorio limitado a 8 parellas de cada categoría que se enfrontarán ata decidir o campion e campioa da Copa Deputación.
Puntuable para o Ranking galego e nacional, para participar nesta proba será imprescindible contar cunha licenza e seguro deportivo en vigor (data de tramitación 26/11/2024) para poder participar. A proba estará aberta a todas as parellas federadas que se inscriban e a orde de entrada regularase polos puntos acumulados no ranking nacional ata o día 26 de novembro de 2024. No caso de non teren puntos, a orde de entrada determinarase pola data de inscrición.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas autonómicas deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes as 20:00 de cada proba, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas. Recordamos tamén que esta proba terá un prezo de 30 euros parella, debendo enviar o resgardo de pago ca inscripción (el pago se realizará al número de cuenta del Club Ourense Volei Praia número ES4520800000703040264115).
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
Con esta proba remata o calendario de probas desta Copa Deputación de Ourense de Vólei Praia 2025:
- 9 novembro – competición sub 19 – finalizada.
- 16 novembro- competición cadete – finalizada.
- 23 novembro – competición infantil – listados provisionais próximamente.
- 30 novembro e 1 decembro – sub 21 y senior – inscricións abertas.