A evolución crecente de equipos nas competicións autonómicas, xunto coa maior presencia de equipos galegos en Competicións Nacionais, fan que a necesidade de árbitros sexa maior cada tempada, polo que a Federación Galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros, convoca un curso de árbitros de vólei praia, correspondente ao nivel I.
Como ven a ser habitual, o curso contará con fase teórica e fase práctica, quedando esta primeira no formato de videopresencia os días 7 e 8 de decembro, dispoñendo obligatoriamente de:
- Conexión a internet estable.
- Micrófono, altofalante e cámara (serve o teléfono móvil).
Con respecto á fase presencial, os alumnos deberán cursar e superala en algún dos diferentes torneos organizados pola Federación Galega de Voleibol, que proporá un calendario de datas para os alumnos. Esta fase práctica será durante un día completo, aínda que o torneo poida durar máis. Recordamos que é imprescindible cumprir a fase presencial para obter a cualificación definitiva de APTO.
Os horarios para esta fase teórica serán os seguintes:
SÁBADO 7 | DOMINGO 8 | ||
FASE TEÓRICA | 10:00 A 14:00 | REGLAMENTO | REGLAMENTO |
REGLAMENTO | NORMATIVA | ||
16:00 A 20:00 | TÉCNICA ARBITRAL | METODOLOGÍA | |
TÁCTICA APLICADA AL ARBITRAJE | ANOTACIÓN Y ACTA |
(Os enlaces de acceso serán enviados unha vez finalizado o periodo de inscripción)
Para formalizar a inscrición, débese enviar o modelo G-13 II, que se atopa publicado no apartado de descargas de FGVb, e envialo cumprimentado a conta de correo de correo@volei.gal con copia a arbitros@volei.gal e xunto co xustificante de pago de 60 € (Banco de Sabadell
ES71 0081 0499 6400 0137 8440 ) antes do día 4 de decembro ás 22:00 horas.