A Federación Galega de Voleibol, a través do seu departamento de Dirección Técnica, convoca a xogadores/as do volei galego para a primeira concentración das Seleccións Galegas no ano 2025.
A terceira destas convocatorias, que terá lugar o domingo 12 en quenda de tarde, ten como obxectivo continuar aumentando o volume de horas adestradas das Seleccións Galegas, afianzando os grupos e consolidando conceptos e dinámicas de cara o vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2025.
Dende a Federación faise fincapé en que a competición oficial seguirá tendo prioridade tanto para deportistas como para clubs, polo que si un/unha xogador/a ten competición co seu equipo en esas xornadas, non terá problema para poder competir, e non afectará a futuras convocatorias.
As datas programadas para estas concentracións son as seguintes:
- ✅ Primeira data – 10 de novembro 2024 – Noia (masculina) e San Sadurniño (feminino).
- ✅Segunda data – 15 de decembro 2024 – San Sadurniño (feminino) e Monforte (masculina).
- Terceira data – 12 de xaneiro 2025 – -Rianxo (categoría feminina) e Monforte (categoría masculina).
- Cuarta data – 26 de xaneiro 2025 – Sedes por confirmar.
- Quinta data – 16 de febreiro 2025 – Sedes por confirmar.
- Sexta data – 9 de marzo 2025 – Sedes por confirmar.
- Séptima data – 23 de marzo 2025 – Sedes por confirmar.
A continuación detallamos as listas de deportistas seleccionados por cada categoría, que terán lugar de 16:00 a 19:00 horas o vindeiro domingo 12 no Pavillón Deportes «José Manuel Abuín» (Rianxo) e Pavillón da Pinguela (Monforte).