

Os máis pequenos do noso deporte poderá desputar os seus encontros en quenda de mañán e tarde na primeira proba do Campionato Galego Benxamín e Prebenxamín o vindeiro domingo 2 de marzo no Pavillón de O Pompeo, en Ourense.
Esta proba que se celebrará grazas á colaboración do CV Ourense e o CV San Martiño, o Concello e a Deputación de Ourense, é a primeira das probas desta competición no ano 2025 para as categorías Benxamín e Prebenxamín, das que se anunciarán máis datas próximamente. Para esta ocasión recordamos que, debido a limitacións da instalación relacionadas cas datas de carnaval, os horarios de competición serán de 9 a 17 horas.
Para a inscripción dos equipos, que terá un límite máximo de 5 equipos por club, sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 10 xogadores, os clubes deberán enviar o formulario G11 a través de correo@volei.gal.
O prazo de tramitación de licenzas individuais para a proba remata o luns 24 ás 20:00, quedando o límite de inscripción de equipos para o martes 25 ás 20:00, co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.