

O recinto FEXDEGA, situado no Concello de Vilagarcía de Arousa acollerá a terceira proba dos nosos pequenos deportistas nas 6 pistas habilitadas para a competición prebenxamín e benxamín, que terá lugar este sábado 5 de abril .
O concelleiro de deportes de Vilagarcía de Arousa, Carlos Coira, recibiu hoxe ao Director Técnico da Federación Galega de Voleibol, Juan Carlos Suárez, a Concelleira de Deportes de Cambados, Noelia Gómez e aos representantes do XAV Cambados, Suso Bao e Santi Vilas, para celebrar esta presentación da 3ª proba do Campionato Galego de Voleibol Benxamín e Prebenxamín.
A Federación Galega de Voleibol quere dar as grazas ao Concello de Vilagarcía de Arousa, o Concello de Cambados, así coma ao XAV Cambados, polas facilidades e a colaboración para levar esta competición de novo á provincia de Pontevedra, e que permitirá aos nosos pequenos desfrutar dos seus encontros.
Os encontros comezarán ás 10 da mañán, cun remate previsto para ao redor das 18 horas, e poderán seguir toda a información do evento a través do apartado específico da nosa páxina web.
