

A Federación Galega de Voleibol fai oficial a primeira convocatoria das Seleccións Galegas Vólei Praia, relacionada cas categorías infantil e cadete e que terá lugar o vindeiro día 12 deste mes no recinto deportivo de Oira (Ourense).
A concentración será únicamente de mañán, sendo de 09:30 a 12:00 na categoría masculina e de 12:00 a 14:30 para a categoría feminina, e na que os técnicos do vólei galego poderán evaluar os talentos do noso deporte en Galicia para confeccionar as listas dos xogadores e xogadoras que nos representarán no CESA.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para dous adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta concentración:

