

A Federación Galega de Voleibol, a través do seu departamento de Dirección Técnica, convoca a xogadores/as do volei galego para a concentración das Seleccións Galegas que terá lugar en Marín os vindeiros días 19 e 20 de abril.
Será a primeira destas convocatorias na que os xogadores e xogadoras do volei galego pernoctarán, aproveitando o remate das competicións e o parón de Semana Santa, para continuar perfilando as listas dos xogadores e xogadoras que nos representarán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2025 que se celebrará en Asturias.
A concentración terá lugar nas instalacións do colexio SEI San Narciso de Marín, cos seguintes horarios de entrada e saída dos deportistas:
- Categoría infantil: entrada o sábado 19 ás 10:00 con saída o domingo ás 17:00.
- Categoría cadete: entrada o sábado 19 ás 12:00 con saída o domingo ás 19:00.
A continuación detallamos as listas de deportistas seleccionados por cada categoría, recordamos que deberán levar roupa para os adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal.



