

Seguindo co calendario establecido a Federación Galega de Voleibol, a través do seu departamento de Dirección Técnica, convoca a xogadores/as do volei galego para a derradeira concentración das Seleccións Galegas no ano 2025 antes do CESA. A concentración será de dous días, que variarán segundo as categorías do seguinte xeito:
- Infantil (masculino e feminino): Chegada sábado 21 ás 10:00 horas e saída domingo 22 ás 17:30
- Cadete (masculino e feminino): Chegada domingo 22 ás 11:45 horas ás e saída luns 23 ás 17:30.
Ca celebración destas datas programadas para estas concentracións son as seguintes:
- ✅ Primeira data – 18 de maio 2025 – Rianxo (feminina) e San Sadurniño (masculino).
- ✅Segunda data – 25 de maio 2025 – San Sadurniño (feminino) e Cambados (masculina).
- ✅ Terceira data – 8 de xuño 2025 – Quiroga (feminina e masculina).
- ✅Cuarta data – 15 de xuño 2025 – Quiroga (feminina e masculina).
- Quinta data – 21-22-23 de xuño 2025 – Quiroga (feminina e masculina).
A continuación detallamos as listas de deportistas seleccionados por cada categoría, celebradas no Pavillón Municipal de Quiroga e con pernocta no Albergue Municipal de Quiroga. Recordamos que os participantes deberán levar DNI, Tarxeta sanitaria, roupa para os adestramentos e útiles de aseo persoal.



