
A Federación Galega de Voleibol publica as convocatorias oficiais das seleccións galegas infantil e cadete que participarán no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) de vólei praia.
A competición, que terá lugar dos días 5 ao 9 de agosto no Centro Internacional de Voley Playa de Lorca, concentrará ao maiores talentos do deporte no noso país. Nas vindeiras xornadas informarase aos deportistas dos horarios de saída, lugar de concentración e outros detalles importantes para a viaxe e a competición.
A continuación deixamos a lista de xogadores convocados por club:





