
O vindeiro 23 e 24 de agosto celebrarase a terceira proba de verán do circuíto Oira Praia 2025, organizada polo Club Volei Praia Milenio Ourense e puntuable para o ranking galego e nacional.
As categorías serán sénior/sub21 feminino e sénior/sub21 masculino. Será imprescindible ter a licenza e o seguro deportivo en vigor (data límite de tramitación 18/08/2025) para poder participar. A proba estará aberta a todas as parellas federadas que se inscriban.A orde de entrada estará regulada polos puntos que cada parella teña acumulados no ranking nacional e galego o día 19 de agosto de 2025. No caso de non ter puntos, a orde de entrada determinarase pola data de inscrición* na proba.
Para formalizar a inscrición, as parellas deberán realizar unha transferencia bancaria (nº de conta ao final do texto) por importe de 30 €, especificando o nome da parella e da proba no concepto. Unha vez realizada, cubrirase o formulario:
https://forms.gle/LuFG5cgBVz8SwfUA8
Pode consultar toda a información da proba na seguinte ligazón.





