
ACTUALIZACIÓN: modifícase a sede na que se celebrará a reunión da Asemblea Xeral Ordinaria da FGVb, deste xeito terá lugar, o próximo 30 de agosto, ás 09:30 horas en primeira convocatoria e as 10:00 horas en segunda convocatoria, na Secretaría Xeral para o Deporte, sita na Rúa Madrid 2-4 (Fontiñas), de Santiago de Compostela..
- Aprobación, se procede, da Acta da reunión anterior, celebrada en Santiago o 28 de decembro de 2024.
- Informe do Presidente da Federación Galega de Voleibol.
- Peche do exercicio 2024.
- Programas de actuación da FGVb.
- Normas de competición para a temporada 2025-2026.
- Asuntos varios.
- Rogos e preguntas.




