
A vila de Cedeira converterase na capital do voleibol galego os días 27 e 28 de setembro, coa celebración da Copa Voleibol Xunta de Galicia 2025, torneo no que se darán cita os mellores equipos sénior femininos e masculinos da última tempada.
O sábado 27 será a quenda da categoría masculina, mentres que o domingo 28 será a da feminina. En cada xornada, os catro equipos clasificados medirán forzas polas semifinais da mañá (10:00 e 12:00 h) e pecharán o día coa gran final, programada para as 17:30 horas.
A entrada ao Pavillón Municipal de Cedeira será gratuíta, ofrecendo así a todos os afeccionados a oportunidade de gozar en directo dun dos eventos máis destacados do calendario galego.
Desde a Federación Galega de Voleibol queremos expresar o noso agradecemento ao Concello de Cedeira e tamén ao Aldebarán San Sadurniño polo seu apoio e colaboración na organización desta cita, que supón o punto de partida da tempada de pista 2025-2026.
Calendario de competición:
📅 Sábado 27 (masculino)
- Semifinal 1 → 10:30 h – ARENAL EMEVÉ VS. INTASA SAN SADURNIÑO.
- Semifinal 2 → 12:30 h – ROTOGAL BOIRO VS. DUMBRÍA VOLEIBOL.
- Final → 17:30 h
📅 Domingo 28 (feminino)
- Semifinal 1 → 10:30 h – ARENAL EMEVÉ VS. XUVENIL TEIS.
- Semifinal 2 → 12:30 h – CV INSTITUTO ZALAETA VS. ACEITES ABRIL VOLEYOURENSE
- Final → 17:30 h




