
Desde a Federación Galega de Voleibol queremos expresar o noso máis profundo pesar polo falecemento de José Ángel González Vázquez, quen durante anos formou parte da nosa familia deportiva como árbitro de voleibol e vólei praia.
A súa dedicación, profesionalidade e paixón por este deporte deixaron unha pegada fonda en todas as persoas que tivemos a sorte de compartir pista e momentos con el.
En nome de toda a federación, enviamos as nosas máis sinceras condolencias e unha forte aperta aos seus familiares, amizades e compañeiros. Desexámoslles moita forza nestes intres tan difíciles.
Como mostra de respecto e recoñecemento, gardarase un minuto de silencio en todos os partidos da xornada na súa memoria.
Descansa en paz, José Ángel.




