
A Federación Galega de Voleibol celebrará o vindeiro jueves 20 de novembro, de 18:00 a 19:00 horas, unha reunión dirixida aos clubs galegos co obxectivo de explicar o proceso de adaptación ao sistema Verifactu, a nova ferramenta promovida pola Axencia Tributaria para o control e validación das facturas emitidas.
A sesión terá formato presencial online, a través da plataforma Zoom, e servirá para aclarar dúbidas, explicar os principais cambios que implica a implantación do sistema e ofrecer orientación práctica sobre como adaptarse correctamente ás novas obrigas fiscais.
Esta reunión enmárcase dentro do compromiso da Federación por acompañar aos clubs e facilitarlles a transición cara ás novas esixencias administrativas, garantindo unha xestión transparente, eficiente e acorde á normativa vixente.
Nos vindeiros días a FGVB facilitará o enlace de acceso á reunión e a documentación complementaria para todos os clubs interesados en participar.




