
A derradeira proba de carácter autonómico da Copa Deputación de Ourense, correspondente á categoría Sénior, terá lugar o vindeiros día 29 e 30 de novembro no recinto deportivo de Oira Praia, contando tamén para o Ranking Galego e para o Ranking Nacional 2026.
Celebrándose o sábado a fase previa da competición e domingo a fase final do cadro, a inscrición terá un custo de 15 euros por xogador/a, que deberán aboarse mediante transferencia bancaria á conta do Club Ourense Volei Praia (IBAN: ES45 2080 0000 70 3040264115). No concepto da transferencia deberá indicarse: “Inscrición proba Sénior” e a transferencia deberá realizala o club ao que pertenza o/a xogador/a, a poder ser nun único pago.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas autonómicas deberase realizar antes do luns as 23:00 de cada proba a través do correo tesoreriacovp@gmail.com con copia a competicions@volei.gal , quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
Recordamos que con esta proba péchase o calendario de probas desta Copa Deputación de Ourense de Vólei Praia 2025:
- Proba cadete do día 01/11/25 – INSCRICIÓNS PECHADAS.
- Proba Sub 21 do día 08/11/25 – INSCRICIÓNS PECHADAS .
- Proba infantil do día 15/11/25- INSCRICIÓNS PECHADAS .
- Proba Sub 19 do día 22/11/25 – INSCRICIÓNS PECHADAS .
- Proba Sénior dos días 29-30/11/25- INSCRICIÓNS ABERTAS .




