
O volei galego comeza as súas Xornadas de Supervisión e control o vindeiro luns 8 de decembro. As categorías alevín, benxamín, infantil e cadete terán as súas concentracións en San Sadurniño, Cambados, Ourense e Rianxo, nas que compartirán adestramentos dirixidos por técnicos especializados con xogadores e xogadoras de toda Galicia.
A continuación repasamos os lugares e horarios de cada unha das concentracións:
🏐(INSCRICIÓNS COMPLETAS) Xornada de desenvolvemento e formación alevín e benxamín . Lugar: pavillón municipal de San Sadurniño. Horarios: 11:00-13:00 y 15:00-17:00. Máximo inscripción 40 persoas por orden de chegada. Inclúe camiseta.
🏐Xornada de Supervisión e Control infantil femenina. Lugar: Ourense , pavillón dos Remedios. Para a actividade realizaranse dous turnos de 40 xogadoras cada un. Horarios: 1º turno: 10:00 a 12:00/15:00-17:00 (40 persoas) 2º turno : 12:00-14:00/17:00-19:00 ( 40 persoas). Máximo inscripción 80 persoas por orden de chegada. Inclúe camiseta. PRAZAS DISPOÑIBLES.
🏐Xornada de Supervisión e Control infantil masculina. Lugar: Cambados, Pavillón IES Ramón Cabanillas. Horarios: 10:00-12:00 e 15:00-17:00. Máximo inscripción 40 persoas por orden de chegada. Inclúe camiseta. PRAZAS DISPOÑIBLES.
🏐Xornada de Supervisión e Control cadete masculina. Lugar: Cambados, Pavillón IES Ramón Cabanillas. Horarios: 12:00-14:00 e 17:00-19:00. Máximo inscripción 40 persoas por orden de chegada. Inclúe camiseta.PRAZAS DISPOÑIBLES.
🏐(INSCRICIÓNS COMPLETAS) Xornada de Supervisión e Control cadete feminina. Lugar: pavillón Municipal de Rianxo. Horarios: 10:00-12:00 15:00-17:00. Máximo inscripción 40 persoas por orden de chegada. Inclúe camiseta.
Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 30 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a dtecnico@volei.gal antes do día mércores 3 de decembro ás 12:00 horas, recordando que a comida está incluída ca inscripción.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de desenvolvemento e formación.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de supervisión e control.




