
A XVII Copa Deputación de Vólei Praia puxo o punto final a unha edición histórica nas instalacións de Oira, convertendo un ano máis a Ourense no epicentro do vólei praia galego. Ao longo de doce xornadas consecutivas, máis de 500 deportistas de toda Galicia e doutras comunidades participaron nun calendario de competicións que reafirma o crecemento e a forza desta disciplina na provincia.
Desde a Federación Galega de Voleibol queremos agradecer expresamente o traballo e a dedicación do Club Ourense Vólei Praia, entidade organizadora, e así mesmo, trasladamos o noso agradecemento á Deputación de Ourense e á Xunta de Galicia polo seu apoio institucional, imprescindible para o desenvolvemento dunha competición deste alcance. A clausura da Copa Deputación contou cun importante respaldo, coa presenza de Manolo Pardo, en representación da Xunta de Galicia, e de Enrique Álvarez, da Deputación de Ourense.
A Copa Deputación 2025 remata consolidándose como unha das competición sinalada no calendario galego, deixando unha edición para lembrar e un impulso renovado para o futuro do deporte na provincia e en todo o #voleipraiagalego.
A continuación deixamos a galería das imaxes do evento:

















