
Co obxectivo de seguir impulsando a formación de técnicos con proxección e facilitar o acceso á capacitación oficial en voleibol en Galicia, a FGVB convoca ás persoas aspirantes de toda a comunidade a participar nesta nova edición formativa.
Datas e lugar
O curso celebrarase os días 27 e 28 de decembro, e 3 e 4 de xaneiro, no Pavillón O Pompeo (Ourense).
Horarios
As sesións desenvolveranse de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h en todas as xornadas.
A data límite de inscrición é o 23 de decembro.
Plan de estudos
O curso será completamente presencial e contará con profesorado especializado en áreas vinculadas ao ao voleibol. Unha vez rematada a parte teórica e práctica, será necesario realizar unha tempada de prácticas adestrando un equipo federado e rexistrado na FGVB para obter a titulación definitiva.
O prezo do curso será de 125 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) e recordamos que será obligatorio o envío dos formularios G-13 a dtecnico@volei.gal antes do 23 de decembro ás 19:00 horas.




