
A listaxe definitiva xa é oficial. Despois de meses de esforzo, faise pública a convocatoria final cos xogadores e xogadoras que defenderán as cores da Federación Galega de Voleibol no vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026.
Tras o último e intenso test vivido a pasada fin de semana en Marín, os catro combinados autonómicos (cadete masculino, cadete feminino, infantil masculino e infantil feminino) están xa perfilados e listos para o gran reto do ano. A expedición galega pon a mirada directamente en Lugo, que do 25 ao 28 de xuño converterase no corazón do voleibol nacional.
Información para os convocados: Os xogadores deberán presentarse o mércores 24 ás 15:30 horas no U-Hotel Darío Lugo (Rúa do Franco, 12, 27003 Lugo).
Moita sorte a todos e todas! Imos, Galicia!
A continuación, presentase a listaxe oficial de convocados e convocadas que viaxarán a Lugo, detallando os xogadores e xogadoras por categoría e os seus respectivos clubs de orixe:








