
A actividade, que abre o calendario de tecnificación do novo curso, desenvolverase o 12 de outubro en Rianxo, Quiroga, A Coruña e Noia e estará dirixida ás categorías infantil e cadete, cun traballo intensivo en dobre sesión de mañá e tarde.
A Federación Galega de Voleibol (FGVB) pon en marcha a primeira Xornada de Supervisión e Control de Voleibol en Pista da tempada 2026/27, que terá lugar o vindeiro luns 12 de outubro. Esta cita abre oficialmente o programa de tecnificación e seguimento de deportistas da entidade para o novo curso académico e deportivo, co obxectivo de continuar potenciando o rendemento e desenvolvemento do talento galego de base.
A xornada estará aberta ás categorías Infantil e Cadete, tanto en modalidade masculina como feminina, e contará cunha dobre sesión de adestramento:
- Horario da actividade: 10:30 h a 12:30 h (sesión de mañá) e 15:00 h a 17:30 h (sesión de tarde).
- Prezo da actividade: 25 € por participante (o importe inclúe o xantar para os deportistas, mentres que a camiseta da actividade non está incluída).
Sedes e categorías convocadas
Co fin de facilitar os desprazamentos e descentralizar o traballo técnico nesta primeira cita do curso 2026/27, a actividade distribuiras en catro sedes en función da categoría e xénero:
- 🏐 Infantil Feminino (IF): Rianxo – Pavillón Jose Abuín
- 🏐 Infantil Masculino (IM): Quiroga – Pavillón Municipal
- 🏐 Cadete Feminino (CF): A Coruña – Pavillón Elviña
- 🏐 Cadete Masculino (CM): Noia – Pavillón Alonso Rodríguez
Inscricións e prazo límite
Para formalizar a participación, as persoas interesadas deberán cubrir o formulario de inscrición e enviar o xustificante de pago (ES71 0081 0499 6400 0137 8440) por correo electrónico ao enderezo dtecnico@volei.gal.
O prazo límite para a recepción de solicitudes remata o xoves 8 de outubro ás 20:00 horas. Non se aceptarán inscricións fóra de prazo.




