
O vólei praia galego segue a sumar citas neste último trimestre do ano. Tras unhas primeiras semanas de competición reservadas ás parellas ourensás, a Copa Deputación de Ourense de Vólei Praia dá paso á súa Fase Autonómica, aberta a equipos de toda Galicia. A encargada de estreala será a categoría Sub-19, que tomará as pistas do Complexo Deportivo de Oira o vindeiro sábado 7 de novembro.
A Fase Provincial xa deixou tras de si as probas Sub-21, Sénior, Alevín e Cadete. Esta fin de semana pecharase coas citas Sub-19 e Infantil. As probas son puntuables tanto para o Ránking Galego como para o Ránking Nacional.
Inscricións e prazos: Para tramitar a participación, os clubs deben remitir o formulario oficial en formato Excel ao correo electrónico inscripcionescovp@gmail.com, sempre dende a conta oficial do club.
- Data límite de inscrición: Ata o luns 2 de novembro ás 20:00 horas (mesmo prazo para a tramitación de licenzas).
- Importe: 10 € por xogador/a.
Forma de pago: O abono deberá realizalo o club de xeito centralizado, sen admitirse pagos individuais, mediante transferencia bancaria á conta do Club Ourense Volei Praia:
👉 IBAN: ES45 2080 0000 70 3040 2641 15
No concepto do ingreso deberá indicarse: “Inscrición proba Sub-19”.
Horarios e normativa: Os cadros de xogo e horarios definitivos publicaranse o xoves 5 de novembro. A acreditación de cada parella na instalación farase ata 30 minutos antes do inicio do evento.
👉 Descarga do documento de inscrición na seguinte ligazón
A Federación Galega de Voleibol agradece novamente o apoio e a colaboración da Deputación de Ourense e do Club Ourense Vólei Praia, fundamentais para seguir consolidando o vólei praia como referente deportivo e de lecer na provincia e en toda Galicia.
Calendario da Copa Deputación de Ourense de Vólei Praia:
Fase Provincial (só equipos de Ourense)
- Proba Sub-21 do día 17/10/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sénior e Alevín do día 24/10/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 25/10/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub-19 do día 31/10/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS
- Proba Infantil do día 01/11/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS
Fase Autonómica (equipos de toda Galicia)
- Proba Sub-19 do día 07/11/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS
- Proba Cadete do día 21/11/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub-21 do día 22/11/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Infantil do día 28/11/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sénior dos días 12-13/12/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE




