Despois de que os máis pequenos competiran no areal de Riazor durante a pasada fin de semana, o proxecto “A Coruña é Volei Praia” continuou ca segunda etapa do seu camiño, celebrando o Campionato Galego Senior de Volei Praia como segunda proba do Circuito Vichy Catalán Volei Praia Galego.
As mellores parellas masculinas e femininas de toda Galicia loitaron polas medallas ao longo de toda a fin de semana nun entorno privilexiado como é a Praia de Riazor, comezando as previas o sábado á mañá e nun torneo no que 18 parellas masculinas e 13 femininas desputaron un total de 60 partidos de volei praia.
Para o domingo día 15 estaba previstas as semifinais e finais, nas que as 8 parellas finalistas o deron todo, agasallando ao público presente cun espectáculo digno do mellor volei praia galego.
Na final feminina celebrada as 12:00 na pista central, a parella Folgueira/Paz acadou a medalla de ouro ao levarse a vitoria contra García/Andric en dous disputados sets.
Blanco/Matos, na final masculina que tivo lugar as 13:00, venceu por 2-0 aos xogadores Pérez/Vázquez nun gran encontro que pechou o a fin de semana e formando así o cadro de parellas Campións e Campioas Galegos Senior de Volei Praia na tempada 20/21.
Os catro mellores clasificados de cada categoría recibiron o premio das medallas da man de D. Mónica Martínez Lema, Concelleira de Deportes de A Coruña, nas respectivas cerimonias de premiación.
O volei praia retornará este martes día 17 ca disputa do Campionato de España de Clubs de Volei Praia, no que as mellores parellas desta primeira edición.
Poderá consultar os resultados deste Campionato Galego próximamente nesta mesma web próximamente.