Despois do parón da tempada 20/21, na que a pandemia non permiteu a celebración deste tipo de eventos por parte da FGVB, o calendario de formación e supervisión de xogadores/as de categorías inferiores do Volei Galego inicia o seu percorrido.
As categorías alevín e benxamín desfrutarán o próximo 14 de novembro en Noia da primeira das xornadas de Desenvolvemento e Formación propostas pola Federación Galega de Voleibol esta nova tempada 21/22.
Os xogadoras e xogadores das categorías dos clubs galegos están citados o vindeiro domingo 14 no Pavillón Alonso Rodríguez (Noia) sendo a quenda dos benxamíns de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 18:00 e dos alevíns de 12:00 a 14:00 e 18:00 a 20:00 horas, tendo os dous grupos un parón programado para a comida incluida na inscrición.
As Xornadas de Desenvolvemento e Formación están englobadas no Plan 20-25 da Real Federación de Voleibol como un paso para o seguimento dos nosos/as deportistas no seu período de iniciación, sempre baixo indicacións de técnicos especialistas que buscarán a mellora dos máis pequenos no ámbito tanto técnico coma táctico.
Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 20 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a adestradores@volei.gal.
Outras datas:
- 1ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 14 Novembro
- 2ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 12 Decembro
- 3ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 30 Xaneiro
- 4ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 27 Febreiro