Esta fin de semana do 20 e 21 de novembro as terceiras divisións comezan a súa tempada 21/22, completando o calendario de ligas regulares da Federación Galega de Voleibol.
Esta competición, que estará presente nas categorías alevín feminina e masculina, cadete feminina e xuvenil femenina, estarán compostas por máis de 22 equipos e preto de 200 deportistas que se desprazarán por toda Galicia para desputar os seus encontros ata finais do mes de febreiro de 2022.
Recordamos que xa ten os seus calendarios oficiais dispoñibles na nosa web, que pode consultar na seguinte ligazón.