A Real Federación Española de Voleibol está a facer oficial a lista de xogadores e xogadoras que participarán no All Star que se celebrará o próximo 28 e 29 de decembro en Guadalajara e Valladolid.
Esta selección realizouse en colaboración cos clubes da Superliga, designando adestradores a través de votacións e propoñendo xogadores para unha lista final que se formaría a través do departamento técnico da RFEVB tendo en conta estatísticas recollidas ata a séptima xornada.
Con tres equipos na Superliga Masculina , o voleibol galego terá moita presenza no partido das estrelas, encabezadas polos galegos Diego Taboada e Mario Dovale, adestrador e líbero que militan nas filas do Arenal Emevé.
Do mesmo xeito, o Club Voleibol Aldebarán participará con dous xogadores: Francisco Adrián Fernández Rodríguez e José Manuel Enríquez Verdi e, pola súa parte, o Boiro Voleibol estará prensente co oposto José Carlos Romero e o receptor Felipe Benavidez.
Pode consultar a información e a lista completa da convocatoria na seguinte ligazón.