A Federación Galega de Voleibol, a través da Escola Galega de Adestradores e co obxectivo de mellorar o proceso de aprendizaxe e a experiencia en eventos nacionais dos adestradores/as galego/as , oferta 4 becas para acompañar as Seleccións Galegas nos vindeiros CESA 2022.
Os adestradores e adestradoras que nos últimos 5 anos obtiveran o título nivel I ou II poderán participar como apoio nas concentracións cadete e infantil masculinas e femininas desta tempada 21/22, formando parte tamén na expedición que acudirá ao Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebrará do 30 de xuño ao 3 de xullo deste mesmo ano.
Os solicitantes, que deberán de enviar a súa candidatura a través dun correo a adestradores@volei.gal xunto ca copia do seu título, deberán cumprir obrigatoriamente os seguintes requisitos:
- Ser maior de idade.
- Estar en posesión do nivel I ou nivel II de voleibol, obtido do 2017 en adiante (incluído).
- Disponibilidade para acudir ás concentracións das SSAA programadas e CESA 2022 nas datas anteriormente indicadas.
A Federación Galega de Voleibol e a Escola Galega de Adestradores faranse cargo dos custes asociados para os becados que inclúe a viaxe, manutención e aloxamento, así coma da entrega dun documento acreditativo da experiencia profesional.