Os pequenos e pequenas do noso voleibol teñen unha cita os días 2 e 3 de xullo en Dumbría. Despois do aprazamento da proba de Boiro, a praia do Ézaro acollerá a primeira das probas para este verán de 2022 nas categorías alevín, infantil, cadete e Sub-19. A Federación Galega de Voelibol quere destacar o compromiso un ano máis do Concello de Dumbría e da Deputación de A Coruña para acoller unha proba do Circuito Galego, agradecéndolle a súa colaboración na organización do evento.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 28 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A Lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.