![WhatsApp-Image-2022-08-15-at-10.47.27-AM](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/08/WhatsApp-Image-2022-08-15-at-10.47.27-AM-420x280_c.jpeg)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/08/WhatsApp-Image-2022-08-15-at-10.47.27-AM.jpeg)
Mañán, día 16 comeza o Campeonato de España de Selecciónes Autonómicas cadete e infantil, que se celebrará ata o día 20 nas instalacións Centro Internacional de Vóley Playa de Lorca. O combinado galego, que xa se atopa concentrado na localidade, loitará con todo por chegar ata o máis alto dirixidos polos técnicos do vólei galego que acompañan á expedición.
Os representantes que defenderan as cores galegas serán:
MASCULINO
SUB 15
- Víctor López De Miguel – Club Ourense VP
- Xan Somoza Atanes – Club Ourense VP
SUB 17
- Francisco José Garea Fernandez – Dumbría Vólei
- Izan Rodríguez Beltrán – CD Korbis
FEMININO
SUB 15
- Andrea Beltrán Máquez – AD Liceo
- Ana Sánchez Nistal – AD Liceo
SUB17
- Inés Martínez Díaz – AD Liceo
- Itziar Vilarchao Gómez – Club Ourense VP
A continuación detallamos os horarios e os enfrentamentos de cada unha das seleccións, ás que desexamos a mellor das sortes nesta competición e na que terán todo o apoio do vólei galego.
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/08/seleccion-galega-2.png)