![301223990_1749822105366362_3021536746022571040_n](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/08/301223990_1749822105366362_3021536746022571040_n-420x280_c.jpg)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/08/301223990_1749822105366362_3021536746022571040_n-1024x769.jpg)
Ca celebración da proba do Circuito Galego de Vólei Praia de Categorías Inferiores de Boiro e a imposibilidade de celebrar a proba de Malpica debido ás comunicacións recibidas este luns polo Concello, o noso vólei praia pecha a temporada 2022.
Despois das tres probas desputadas en Dumbría, A Coruña e Boiro, os/as nosos/as pequenos/as xa teñen a súa clasificación final no ranking galego, do mesmo xeito que xa se coñecen os clubs campións da modalidade.
Tras o reconto final, os ourensáns do Club Ourense Vólei Praia acadan a primeira posición na temporada de verán, seguidos polo Club Vólei Praia Vigo e o Dumbría Vólei na segunda e terceira posición respectivamente. A continuación facemos repaso do resto da clasificación por clubs e por categoría, pudendo consultar a clasificación individual dos xogadores no arquivo en línea dispoñible.
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/08/WEB-FGVB-10.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2022/08/WEB-FGVB-11-1.png)
Finalmente agradecer a institucións, concellos e autoridades locais que fixeron posible durante este verán de 2022 que os/as nosos/as deportistas pudieran realizar as actividades, así como tamén ás empresas privadas e colaboradores que apostaron polo noso deporte. Grazas tamén a clubs locais e participantes, xogadores/as , adestradores/as, árbitros e familiares, fundamentais no desempeño destas probas e aos que citamos xa para o ano que ven.