A evolución crecente de equipos nas competicións autonómicas, xunto coa maior presencia de equipos galegos en Competicións Nacionais, fan que a necesidade de árbitros sexa maior cada tempada. Ademáis, o natural relevo xeracional que se da o igual que en outros estamentos, fan que se teña que buscar e promocionar a alta de novos colexiados.
Por todo isto, a Federación Galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros, convoca o curso de Árbitro de Voleibol Nivel I e de Anotador/Acta electrónica para o comezo de esta nova temporada 2022/23.
Datos básicos do curso de árbitros Nivel I
- Datas: 17 e 18 de setembro (2 días).
- Horarios: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas ambos días.
- Lugar: Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña, sito en Plaza Agustín Díaz, nº1, en A Coruña.
- Prezo: 70 €/asistente
Datas e horarios do curso de Anotador/Acta electrónica
- Datas: 18 de setembro de forma presencial, e o domingo 25 de setembro de forma videopresencial (2 días).
- Horarios: De 10:00 a 14:00 horas ambos días.
- Lugar: Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña, sito en Plaza Agustín Díaz, nº1, en A Coruña.
- Prezo: 35,00€ por asistente para ao curso de anotador, e de 15,00€ para o de acta electrónica
Para formalizar a inscrición en calquera das modalidades, débese enviar o modelo G-13 II que se atopa publicado no apartado de descargas de FGVb, e envialo cumprimentado a conta de correo de correo@volei.gal con copia a arbitros@volei.gal antes do día 15 de setembro as 13:00 horas xunto co xustificante de pago á conta indicada.