A Real Federación Española de Voleibol confirmou hoxe a través da súa Circular número 24 as sedes de celebración e os organizadores locais da Copa de SM el Rey, Copa de SM la Reina, Copa Príncipe e Copa Princesa.
Unha vez máis, e coma ven a ser habitual nos derradeiros anos, Galicia acollerá de novo un gran evento do voleibol nacional, sendo oficial a celebración en Coruña da Copa Princesa 2023 grazas á exitosa candidatura do Club Voleibol Zalaeta.
A Copa Princesa, que xa se celebrara noutras localidades galegas como Monforte e Lugo, estará de novo o 6, 7 e 8 de xaneiro de 2023 no Pavillón do Barrios de las Flores, onde os mellores equipos da Superliga Femina 2 loitarán polo ansiado trofeo, no que lle desexamos a mellor das sorte ás coruñesas.