A Federación Galega de Voleibol, a través do Comité Técnico Galego de Árbitros, convoca o curso de árbitros de vólei praia dos niveis Nivel I e Nivel II.
A evolución crecente de equipos nas competicións autonómicas, xunto coa maior presencia de equipos galegos en Competicións Nacionais, fan que a necesidade de árbitros sexa maior cada tempada.
Xunto con ese maior número de colexiados tamén se precisa dunha especialización dada polo uso da tecnoloxía e a acta electrónica nas competicións de ámbito nacional e internacional onde Galicia ten unha ampla participación, polo que dentro das funcións atribuídas o Comité e facer fronte a esa necesidade específica, proponse a Xunta Directiva de esta Federación e o Sr. Presidente a celebración de este curso.
O Nivel I terá como datas do 7 ao 9 de maio:
- Domingo 7 de maio: de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00.
- Luns 8 de maio: de 19:20 a 21:30.
- Martes 9 de maio: de 19:20 a 21:30.
O Nivel II terá como datas e horarios os seguintes:
- Domingo 7 de maio: de 10:00 a 14:00 e 16:00 a 20:00.
- Do luns 8 de maio a xoves 11 de maio: de 19:20 a 21:30.
Para formalizar a inscrición, débese enviar o modelo G-13 II que se atopa publicado no apartado de descargas de FGVb, e envialo cumprimentado a conta de correo de correo@volei.gal con copia a arbitros@volei.gal antes do día 4 de maio ás 22:00 horas.
Para consultar toda a información relacionada con estos cursos pode facer link na seguinte ligazón