![Imagen de WhatsApp 2024-04-25 a las 08.46.01_82dbf27a](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/04/Imagen-de-WhatsApp-2024-04-25-a-las-08.46.01_82dbf27a-420x280_c.jpg)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/04/Imagen-de-WhatsApp-2024-04-25-a-las-09.49.40_aff18d8c-1024x1024.jpg)
O volei praia galego trae novas datas para os mais novos en Galicia. Unha vez máis o complexo deportivo de Oira será o lugar para competicións válidas para os Campionatos de España 2024 e o Ranking Galego, con dúas datas en maio que continúan a tempada deportiva 23/24. As datas específicas para cada categoría son as seguintes:
- 04/05/2024 – Sub 19.
- 05/05/2024 – Infantil.
- 11/05/2024 – Cadete.
- 12/05/2024 – alevín.
Queremos agradecer a colaboración do Club Ourense Vólei Praia, así como tamén ao Concello e ao Consello Municipal de Deportes de Ourense polas facilidades para levar a cabo as mesmas, que apoiaron e seguen apoiando este 2024 de voleibol praia para os nosos pequenos, permitindo que practiquen o seu deporte favorito.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas é necesario cubrir o modelo FGVB 02 e envialo ao correo competicions@volei.gal, tendo como límite o martes previo ao fin de semana da proba ás 20:00 horas. O prazo límite para a tramitación de licenzas é o mesmo luns de cada proba.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/05/CARTELES_MAYO-1-2-2-724x1024.png)