Un ano máis o Circuito Vichy Catalan Volei Galego volve ás praias da nosa Comunidade Autónoma. En colaboración ca marca de auga embotellada Vichy Catalan, as praias de Samil, Lourido, Silgar e Riazor acollerán aos mellores xogadores do Vólei Praia galego neste circuito que xa está afianzado no noso verán.
Este Circuito Vichy Catalan Volei Galego está composto por tres probas de Verán Deportivo ademáis do Campionato Galego de Vólei Praia de A Coruña, que se desputarán a finais do mes de xullo de 2024. As datas son as seguintes:
- Proba 30/06/24 – Praia de Samil (Vigo)
- Proba 06/07/24 – Praia de Lourido (Poio)
- Proba 20/07/24 – Praia de Silgar (Sanxenxo)
- Proba 27-28/07/24 – Praia de Riazor (A Coruña) – Campionato Galego Sénior
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a Vichy Catalan o seu compromiso co Vólei Praia Galego, apoiando o noso deporte un ano máis e facendo que os nosos/as deportistas poidan realizar o que máis lles gusta en entornos privilexiados como a costa galega. Recordamos que este ano os xogadores non recibirán camisetas personalizadas do circuito, e deberán participar cas dos clubs aos que representan.
Máis información da proba na seguinte ligazón.