![seleccion-galega-6](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/06/seleccion-galega-6-420x280_c.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/06/seleccion-galega-6.png)
A Federación Galega de Voleibol fai oficial a primeira convocatoria das Seleccións Galegas de Vólei Praia, relacionadas cas categorías infantil e cadete tanto masculina como feminina, e que terá lugar o vindeiro sábado día 29 deste mes no recinto deportivo de Oira (Ourense).
O horario será conxunto , tendo adestramentos ao longo do día e nos que os técnicos do vólei galego poderán evaluar os talentos do noso deporte en Galicia para confeccionar as listas dos xogadores e xogadoras que nos representarán no CESA.
Lembrámolle aos xogadores/as convocados/as que a concentración terá horario de chegada ás 09:30 e de saída ás 20:00, así coma deben levar roupa para dous adestramentos, documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta concentración:
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/06/seleccion-galega-5-1.png)
![](https://volei.gal/wp-content/uploads/2024/06/seleccion-galega-4-5.png)