O vólei praia dos nosos pequenos continua a seu verán con dúas probas en As Pontes de García Rodríguez nas dúas fins de semana posteriores á proba de Rianxo.
O areal situado no Lago das Pontes acollerá dúas probas na que os nosos pequenos poderán competir na Copa Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores. Deste xeito, poderán seguir sumando puntos no Ranking Galego, mantendo tamén a competición nas categorías Sub19/infantil os sábados e cadete e alevín os domingos.
A Federación Galega de Voleibol quere dar as grazas ao Concello das Pontes de García Rodríguez pola súa axuda para que o vólei praia siga a medrar na nosa comunidade, así coma á Deputación da Coruña polo seu apoio neste proxecto por segundo ano consecutivo.
Para rexistrar a participación nesta primeira proba dos días 17 e 18, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 13 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde. Recordamos que, polo alto número de participantes nas últimas probas, os xogadores/as únicamente se poderán inscribir nunha categoría o mesmo día.