As Becas do Volei Galego, que permiten a catro adestradores/as formar parte dos corpos técnicos das seleccións galegas de voleibol na temporada 24-25, asistindo ás concentracións de tecnificación e ao Campionato de España de Seleccións Autónomicas que se celebrará a finais de xuño de 2025, xa teñen os seus beneficiados.
Despois do proceso de evaluación de candidaturas, a Federación Galega de Voleibol fai oficial aos seleccionados e seleccionadas nesta temporada, que comezarán a súa aventura xa nas xornadas de Tecnificación da FGVB do día 1 de novembro:
CANDIDATO | CLUB | SELECCIÓN |
Juan Manuel Villa | Arenal Emevé | Cadete femenino |
Paula Andújar | CV Ciudad de A Coruña | Infantil feminino |
Gonzalo Reverte | CV Pontevedra | Cadete masculino |
Santiago Díaz | CD Aldebarán San Sadurniño | Infantil masculino |
A Federación quere felicitar a todos/as os beneficiados, agardando que aproveiten ao máximo a súa experiencia cas nosas Seleccións, e que aporten todo o que esté nas súas mans para a consecución dos obxectivos propostos.