O vindeiro sábado 9 de novembro da comezo a Fase Provincial da Copa Deputación de Ourense de vólei praia, que terá lugar grazas ao Club Ourese Vólei Praia no recinto deportivo de Oira. Para esta segunda fase, de formato aberto, as parellas masculinas e femininas Sub 19 do vólei praia galego poderán desputar os seus encontros e acadar puntos para o Ranking Galego e Caampionatos de España 2025.
Recordamos que para rexistrar a participación nestas probas autonómicas deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes as 20:00 de cada proba, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
Recordamos o calendario de probas desta Copa Deputación de Ourense de Vólei Praia 2025:
- 9 novembro – competición sub 19
- 16 novembro- competición cadete
- 23 novembro – competición infantil
- 30 novembro e 1 decembro – sub 21 y senior