Camilo Rodríguez González, número 10.
A Federación Galega de Voleibol quere expresar o seu máis fondo pesar polo falecemento de Camilo Rodríguez González, unha das grandes figuras do noso deporte.
Camilo foi protagonista do primeiro ascenso do Pilar Vigo á máxima categoría nacional de voleibol e o primeiro xogador internacional absoluto na historia do voleibol galego, un feito que marcou un antes e un despois na historia desta disciplina na nosa comunidade.
Desde a Federación Galega de Voleibol enviamos as nosas máis sinceras condolencias á súa familia, amigos e a toda a comunidade deportiva que tivo a honra de compartilo na pista e fóra dela.
DEP.