
A Federación Galega de Voleibol fai oficial a segunda convocatoria das Seleccións Galegas Vólei Praia, relacionada cas categorías infantil e cadete e que terá lugar o vindeiro día 8 deste mes no recinto deportivo de Oira (Ourense).
A concentración será durante todo o día, e na que os técnicos do vólei galego poderán evaluar os talentos do noso deporte en Galicia para confeccionar as listas dos xogadores e xogadoras que nos representarán no CESA. Deixamos os horarios a continuación:
| HORARIO | GRUPO/TURNO |
| 09:30-12:00 | FEMININO – SESIÓN 1 |
| 11:45-14:15 | MASCULINO – SESIÓN 1 |
| 13:30-14:30 | COMIDA FEMININO |
| 14:30-15:30 | COMIDA MASCULINO |
| 15:30-16:00 | CHARLA |
| 16:00-18:30 | FEMININO – SESIÓN 2 |
| 18:00-20:30 | MASCULINO – SESIÓN 2 |
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para dous adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta concentración:






