
Un ano máis, grazas de novo á colaboración entre o Concello de Rianxo e o CV Rianxo, os nosos pequenos do volei praia galego desputarán dúas probas que servirán para continuar a Copa Deputación da Coruña, pechando tamén as finais do Campionato Xunta de Galicia ca celebración das categorías alevín e cadete.
Máis de 250 rapaces de toda Galicia encherán a praia de Tanxil, nas 6 pistas que se instalarán para as dúas probas da Copa Deputación da Coruña, chegando así por terceiro ano consecutivo á localidade de Rianxo.
As datas son as seguintes:
- 26-27 de xullo – II Proba Copa Deputación da Coruña
- 02-03 de agosto – III Proba Copa Deputación da Coruña. Final do Campionato Xunta de Galicia Alevín e Cadete.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer de novo a colaboración tanto á Deputación da Coruña, coma ao Concello de Rianxo e ao CV Rianxo pola súa implicación, xa fundamental para o volei praia galego nos nosos veráns.




