
A Praia de Tanxil volve a ser o entorno no que acollerá probas na que os nosos pequenos poderán competir na Copa Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores, sendo a celebración tamén das Finais dos Campionatos Xunta de Galicia alevín e cadete. A continuación deixamos as características desta segunda proba.
DATAS E FORMATO
➢ INFANTIL Masculino e Feminino :
Domingo 3 de Agosto
○ Formato a determinar segundo número de inscritos. Equipos de dous integrantes.
➢ ALEVIN Masculino e Feminino:
○ Sábado 2: Fase Final CGVP. Parellas, cun máximo de un suplente.
➢ SUB-19 Masculino e Feminino:
Domingo 3 de Agosto.
○ Formato a determinar segundo número de inscritos. Equipos de dous integrantes.
➢ CADETE Masculino e Feminino:
○ Sábado 2: Fase Final CGVP. Equipos de mínimo 4 e máximo 6 participantes.
➢ COTA DE INSCRIPCIÓN:
○ Alevín e Infantil: 5€ / xogador
○ Cadete e Sub19: 8€ / xogador
(Banco de Sabadell ES71 0081 0499 6400 0137 8440)
IMPORTANTE:
Para unha mellor xestión económica da proba, o ingreso farase no prazo que vai entre a publicación dos listados definitivos da proba e o venres 1/ago antes das 15:00h, enviando o xustificante de pago adxunto ao mail competicions@volei.gal , a poder ser, nun unico pagamento por club.
➢ O prazo para inscribirse é ata o luns 28 de xullo as 23:59h, publicándose a lista de entrada provisional o mércores, e o xoves a ista definitiva tras atender ás reclamación. Despois, o venres, os cadros de competición.
➢ Para rexistrar a participación deberase cubrir o formulario web habilitado para este proceso.
OUTRAS CONSIDERACIONS:
➢ Non haberá límite de equipos inscritos para categoría.
➢ Os xogadores de calquera equipo non poderán estar inscritos en dúas categorías diferentes para o mesmo día.
➢ As competicións de categorías Alevín e Cadete teñen carácter de Proba Final, sendo estas a Proba do Campionato Galego Alevín e Campionato Cadete, sendo a clasificación desta proba a que determine as prazas para representar a Galicia no Campionato de España de Clubs no caso do Cadete, e polo tanto o formato e a composición dos equipos deberá cumprir a mesma normativa que éste.




