
A Federación Galega de Voleibol deu un paso máis no seu compromiso coa seguridade e benestar da infancia e adolescencia ao inscribirse no Protocolo de protección de nenos, nenas e adolescentes (NNA) fronte á violencia no deporte en Galicia, aprobado pola Xunta de Galicia o pasado 14 de maio de 2024 a través do Observatorio Galego da Familia e da Infancia.
Este protocolo, pioneiro en Galicia, establece unha serie de medidas e mecanismos de prevención e actuación fronte a posibles situacións de violencia no ámbito deportivo. A súa aplicación é de carácter obrigatorio para todos os centros, entidades e organizacións que desenvolvan actividades deportivas na comunidade, incluídas federacións e clubs.
A iniciativa dá cumprimento á Lei Orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia, e busca garantir que o deporte siga sendo un espazo seguro, educativo e inclusivo para todos os nenos, nenas e adolescentes.
Dende a Federación Galega de Voleibol subliñan que esta adhesión reforza a súa vontade de promover un deporte libre de calquera forma de violencia, priorizando sempre a protección e o desenvolvemento saudable das novas xeracións.
Documentación de interese:




