
A Federación Galega de Voleibol convoca a primeira concentración das Seleccións Galegas de vólei praia da tempada 2025-26, que se celebrará o domingo 14 de decembro en dúas sedes segundo o xénero:
- Categoría feminina: praia de Samil (ao carón do complexo deportivo Samil), de 15:00 a 18:00 horas.
- Categoría masculina: complexo deportivo de Oira (Ourense), de 16:00 a 19:00 horas.
Esta cita marca o inicio do traballo das seleccións galegas de vólei praia, servindo como primeira toma de contacto e avaliación técnica dos deportistas convocados/as, co obxectivo de avanzar na configuración dos grupos que representarán a Galicia nos próximos compromisos nacionais.
Desde a FGVB animamos ás persoas convocadas a aproveitar esta xornada inicial de traballo e a seguir contribuíndo ao crecemento do vólei praia galego. A continuación deixamos a lista de deportistas convocados:








