
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) a Orde pola que se fai pública a relación vixente de persoas deportistas recoñecidas de alto nivel, alto rendemento, rendemento deportivo de base, así como xuíces, árbitros/as e técnicos/as que cumpren os requisitos establecidos no Decreto 165/2020.
Este recoñecemento, que se actualiza de xeito periódico, reflicte o compromiso do deporte galego coa promoción e o apoio á carreira deportiva en todas as súas etapas, desde a base ata o alto rendemento. Entre os nomes publicados no DOG figuran ata 32 deportistas e profesionais vinculados ao #voleigalego que seguirán elevando o nivel competitivo da nosa comunidade no vindeiro ano.
Desde a Federación Galega de Voleibol queremos felicitar a todas e todos os deportistas, adestradores/as, xuíces/as e técnicos/as recoñecidos nesta relación oficial. Estes recoñecementos non só recoñecen o esforzo individual, senón que tamén destacan o traballo colectivo de clubs, familias e equipos técnicos que cada día impulsan o desenvolvemento do voleibol galego.
Pode consultar a ORDE completa, con nomes de deportistas e modalidades, na seguinte ligazón




