
O espectáculo sobre a area non se detén en Ourense. Tras as recentes xornadas de competición, a área recreativa de Oira prepárase para recibir o vindeiro 25 de abril ás promesas da categoría infantil.
Esta nova cita do circuíto galego será determinante para o desenvolvemento da tempada, xa que as parellas participantes non só loitarán por escalar postos no ranking autonómico, senón que buscarán asegurar a súa praza para os Campionatos de España 2026. Esta xornada é posible grazas á estreita colaboración entre a FGVB, a Deputación Provincial, o Concello de Ourense e o Club Ourense Vólei Praia, que seguen a traballar man a man polo crecemento do noso deporte base.
Inscricións e prazos clave
Para participar nesta proba, os clubs deberán seguir o procedemento oficial:
- Data límite: As inscricións pecharanse o luns previo á proba ás 23:00 h.
- Procedemento: Cómpre enviar o Excel oficial de inscrición ao correo: inscripcionescovp@gmail.com.
- Cambios de parella: Permitiranse modificacións ata o xoves ás 15:00 h.
- Custo: 8 € por xogador/a.
Formalización do pago
O abono das taxas realizarase mediante transferencia bancaria á conta do Club Ourense Vólei Praia:
IBAN:
ES45 2080 0000 70 3040264115Concepto: «Inscrición proba infantil» + [Nome do Club]. (Recoméndase que o club realice un único pago con todas as súas parellas).
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
Descarga do documento de inscripción na seguinte ligazón. (enviar dende o correo do club)
Recordamos o calendario de probas neste comezo de 2026:
- Proba Sub21 do día 07/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba infantil do día 08/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 21/02/26 -RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 28/02/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 19 do día 28/03/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Sub 21 do día 29/03/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Cadete do día 11/04/26 – RESULTADOS DISPOÑIBLES
- Proba Infantil do día 25/04/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS
- Proba Sénior do día 01-02/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub 21 do día 09/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Sub 19 do día 16/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Cadete do día 23/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba Alevín do día 24/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE
- Proba infantil do día 30/05/26 – INSCRICIÓNS ABERTAS PRÓXIMAMENTE




